Codere
"Cuando ganas se te nota"
Codere
Codere é unha empresa multinacional española do sector do xogo privado, fundada no ano 1980 pola familia Martínez Sampedro e os irmáns Franco na comunidade madrileña, sendo a primeira empresa en abrir unha sala de apostas presenciais en España, iniciando a súa actividade como operador de máquinas recreativas.
No 1983, estendeu a súa actividade a Cataluña e á Comunidade Valenciana e progresivamente ao resto de España. Máis tarde, Codere comeza a expandirse en Latinoamérica, abrindo salas de bingo principalmente en Arxentina, Bos Aires e Colombia, consolidando o negocio de máquinas recreativas.
No ano 2007 Codere comeza a cotizar na bolsa de Madrid.
A sede oficial de Codere atópase en Alcobendas (Madrid).

O logo desta empresa é un trevo que simboliza a fortuna que podes gañar apostando.