Codere

"Cuando ganas se te nota"

Codere

   Este é un anuncio breve en tempo, pero concentrado e intenso en canto ao contido no que o protagonista representa o arrepentimento por saber o resultado do partido e non guiarse polos seus impulsos. O anuncio convídanos a apostar, seguindo o noso primeiro instinto sen facernos pensar nas nosas decisións.

   Tamén podemos observar que está dirixido a persoas de sexo masculino ao decatarnos da música épica e vencedora que se escoita de fondo e que o promedio de idade é entre os 20 e 35 anos.
   Ao remate deste anuncio aparece un bono regalo para que dalgunha maneira te sumes a apostar con máis ganas.


   Neste anuncio faise unha comparación entre unha persoa que reflexa a victoria porque aposta e gaña, e a do resto de persoas que simbolizan a vida de calquera outro tipo que non se dedica a apostar.

O que este anuncio pretende transmitir é a superioridade que pode ter unha persoa que aposta en comparación con outra que non o fai, volvendo a estar protagonizado por un home que como podemos observar nos seus rasgos e na música de fondo representa unha figura de triunfador e éxito.

Ao final deste anuncio, localizamos de novo a oferta dun bono de benvida.


CPI A Picota, Rúa Dolores González Jurjo, nº14, 15256,  
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar